Un Foro Social Galego

Mañán do sábado, vinteseis de xaneiro do 2008. No vello edificio central da Universidade compostelán, onde eu fora estudante hai meio século, sede actual da Faculdade de Xeografía e Historia, a aula magna está a rebordar, ateigada de xente que ocupa todo o espazo, sentada ou de pé, até a porta. Son arredor de dous centos de persoas. Parte delas representan a case un cento de agrupacións asociativas diversas no universo dos movementos sociais galegos. O resto están alí a tíduo individual. Unhas e outras acuden á convocatoria feita por un feixe de orgaizacións cívicas e sociais galegas que levan participando no proceso do Foro Social Mundial dende o seu comenzo, en xaneiro do 2001. Os convocantes identifícanse co movemento mundial de cidadáns e cidadás en loita contra a globalización ultraliberal: “Con toda a nosa pluralidade, diversidade e riqueza de alternativas e propostas -proclaman, en nome dese novo suxeito histórico- loitamos contra o neoliberalismo, a guerra, o colonialismo, o racismo e o patriarcado que xeran violencia, explotación, exclusión, pobreza, fame, destrución ambiental e negación dos dereitos humanos”.

A data desta convocatoria non é casual: é o día sinalado polo Consello Internacional do FSM para unha xornada de “mobilización e acción global” ao longo e ancho da xeografía humana do planeta. Unha constelación de actividades e encontros a celebrárense simultáneamente en multiplicidade de lugares, vilas e cidades dos diferentes países e nacións dos cinco continentes, convocados en cadanseu contexto por orgaizacións autótonas con experiéncia de participación no proceso do FSM: é a fórmula escollida este ano para facerse presente nestas datas o movemento antiglobalización capitalista, cívicamente alterglobalizador, no canto da concentración mundial que cada ano viña celebrándose, primeiro en Porto Alegre, logo tamén en Mumbai e finalmente en Nairobi, e que o ano que ven voltará a unha cidade do Brasil.

(…)

Mentras iso todo acontecía naquela sesión, eu, no meu recanto, enviso e conmovido, remoía lembranzas e vivencias aínda non lonxanas no tempo, pero distantes do meu contorno político actual. Lembraba as miñas impresións de novicio nos primeiros Foros de Porto Alegre, na compaña de Camilo e algúns outros. Lembraba o fascinante FS europeu de Florencia, no 2002, e a longa camiñata, do brazo do Silverio, na manifestación do millón contra o belicismo ianqui, orixe das movilizacións de febreiro do 2003 contra a invasión de Irak. O non menos fascinante de Paris no 2003, xérmolo do “non” francés ao Tratado da UE. Lembraba a asamblea na que nacera Nunca Máis. E o reagromar de movilizacións cívicas eiquí, na Galiza, dende o vran pasado. Agora, a lucidez dos cidadáns galegos activos enxendraba a converxencia no proxecto dun Foro Social Galego. O común seguía vivo e volvía emerxer coordenado. No camiño de volta á casa, veume ás mentes algo que dixera no Parlamento galego

Leer al articulo completo:

Deixe uma resposta

O seu endereço de e-mail não será publicado. Campos obrigatórios são marcados com *