As vías máis ususais para entrar nos territorios palestinos son Xordania e
Israel, neste último caso polo aeroporto internacional Ben Gurion, en Tel
Aviv. Ben Gurion, por certo, foi o primeiro ministro sionista que en maio de
1948 proclamou a independencia do estado de Israel. Mal augurio.
Quen xa estivo por aquelas terras só da un consello: non digas que vas a
Palestina, ou ³the other side², como di despectivamente a policia israelí.
Os atrancos poden ser considerábeis. E abofé que o son. Todo o que sexa
complicar a entrada en Palestina é considerado bo para os israelís.
O caso é que, sorprendentemente, os primeiros destes atrancos non se dan en
Israel, senón en lugares como Madrid. A impunidade israelí e a complicidade
de Occidente tamén ten o seu reflexo no aeroporto español de Barajas, onde
membros da seguridade israelí fan os seus propios controis un garda civil
está presente para disimular e teñen o seu espazo no soto para apalpar o
apalpábel, desfacer maletas sen a vixiancia do propietario, preguntar até o
nome do teu avó e procurar restos de explosivos até no ticket do café que un
gardou sen querer no pantalón. ³Sempre pode poñer unha denuncia², din
cinicamente. ³Claro que nese caso a compañía non lle deixará viaxar². Unha
vez controlado todo ben controladiño e tras innumerábeis preguntas un
empregado da seguridade hebrea conduce aos sospeitosos directamente ao avión
polo suposto territorio español de Barajas.
Mais o precontrol en terra allea non abonda aos medorentos sionistas. Xa en
Ben Gurion, se dis que vas de turismo a Xerusalén pero alguén dubida da túa
versión, cousa moi común se fóra non espera un touroperador, terás varias
horas de espera, interrogatorios e cínica amabilidade. Se dis que vas a
Ramallah, Gaza ou calquera outro lugar de alén do muro da vergoña acontecerá
exactamente o mesmo. O caso é inserir no visitante o desexo de non volver.
Así, as catro horas e media que dura un voo de Madrid a Tel Aviv poden mudar
en oito ou dez sen problema ningún.
De Ben Gurion a Xerusalén hai unha media hora. Sempre un chisco máis porque
os ³sheruts² que comparten os pasaxeiros achegan aos israelís case que á
porta das súas casas. Os demais ficarán noutras portas. A de Jaffa ou a de
Damasco. Moi achegada a esta última está a estación árabe de Nablus, que
serve de lanzadeira aos sheruts que van aos territorios palestinos de
Cisxordania.
O camiño é ben tristeiro. A carón de quilómetros e quilómetros de muro de
formigón, que serve para pechar aos árabes nos seus guetos, chégase ao paso
de Calandria, un ³checkpoint² que illa os palestinos e que lembra moito a
eses postos de control que un día separaron as dúas Alemañas. Deste xeito se
practica en Xerusalén un plan de xudeización que pretende baleirar a
lexítima capital palestiniana de poboación indíxena.
Paradoxalmente, logo de pasar Calandria outra cousa será a volta, na
bloqueada Palestina é onde un se sente por fin liberado. Ramallah a un paso.
Un programa de 105 actividades autoxestionadas esperan non só en Ramallah,
tamén en Gaza, Jaffa, Haifa, Nazareth, Jenin, Hebron, Xerusalén e mesmo en
Beirut.