Seguindo a estela deixada polo traballo en Belém do Pará(Brasil), no decurso do Foro Social Mundial de xaneiro de 2009, diversas
nacións sen Estado entre as que estará Galiza coa representación da
Fundación Galiza Sempre reuniranse entre o 23 e 26 de abril en Xirona
(Catalunya) para celebrar o primeiro Foro Mundial dos Dereitos Colectivos
dos Pobos e Nacións sen Estado e crear a rede Mundial polos Dereitos
Colectivos dos Pobos.
A Rede Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos quere ser un espazo de
encontro e acción conxunta dos pobos e nacións sen Estado e orixinarios do
mundo, co obxectivo de reunir esforzos para avanzar no recoñecemento e
exercicio do dereito de autodeterminación dos pobos na era da globalización.
1. Antecedentes
2. Reforzar as loitas dos pobos e nacións pola súa liberdade na era da
globalización