Altermundo asiste ao Foro Mundial de Educación en Palestina (28-31 de
outubro) que ten lugar en varias cidades palestinianas e mais en Beirut
Os obxectivos son o establecemento de pontes de colaboración con outros
medios alternativos do mundo a prol da resistencia palestiana e informar
sobre o Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de Paz, que terá
lugar en decembro en Galiza, de cuxo Comité Organizador forma parte
Altermundo. Para isto, están en Ramallah Manoel Santos, de Altermundo, e
Lois Trigo, do Seminario Galego de Educación para a Paz.
Os días 28 e 29 estaremos en Ramallah, onde se desenvolve o programa máis
amplo do FME-Palestina. Logo de participar na Marcha inaugural e no acto de
apertura o día 28, o 29 reunirémonos en Ramallah con representantes de ŒStop
The Wall¹ para preparar a nosa colaboración informativa coa VII Semana
contra o Muro do Apartheid (9-16 de novembro) e coordinar xunto con outros
medios alternativos, como A Ciranda (do FSM), AMARC ou o Foro Mundial de
Radios, a primeira Maratón informativa Anti-apartheid, 48 horas de cobertura
(12 e 13 de novembro) sobre a resistencia palestiniana, campañas como BDS e
solidariedade internacional. Do mesmo xeito, asisteremos a varias
actividades relacionadas coa campaña BDS (Boycott, Divestment and
Sanctions).
Para saber máis sobre a maratón:
http://www.altermundo.org/content/view/3477/1/
Stop the Wall, VII Semana contra o muro:
http://stopthewall.org/latestnews/2361.shtml
Campaña BDS: http://bdsmovement.net/
Cobertura Altermundo: http://www.altermundo.org/content/blogcategory/163
Ao tempo, manteremos diversas xuntanzas con organizadores do FME-Palestina
para estudar aspectos organizativos que sirvan para o FME-Compostela.
A tarde do día 29 asistiremos a varias actividades do FME-Palestina
Expandida, unha iniciativa auspiciada pola estrutura do Foro Social Mundial
que espalla por medio de internet e videoconferencias os foros sociais a
calquera lugar do mundo que o desexe. O obxectivo é aprender os mecanismos
de actuación para a FME-Compostela Expandida, iniciativa similar que terá
lugar en Santiago de Compostela paralelamente ao FME presencial.
Máis información:
http://openfsm.net/projects/fme-compostela-expandido/galego
O día 30 partiremos para Xerusalén, onde no edificio da YMCA desenvolveremos
unha actividade-conferencia sobre o Foro Mundial de Educación de Compostela
(10-13 de decembro) e a Cultura de Paz, para así tratar de establecer
porntes de colaboración altermundista co mundo palestiniano. Tamén
manteremos unha xuntanza coa galega Ánxela Iglesias, de Breaking The
Silence.
Seguiremos informando e invitamos a visitar tamén:
http://www.ciranda.net/spip.php?page=fsm
CRÓNICAS DENDE PALESTINA
1. Viaxe a Ramallah: http://www.altermundo.org/content/view/3478/1/
PD.: Aproveitamos para lembrar que o vindeiro domingo, 31/10/2010, publicamos,
como sempre en colaboración co xornal Galicia Hoxe, o número 42 do Suplemento
Horizontal Altermundo, desta vez adicado, entre outras cuestións, ás
mobilización sociais en Europa contra os axustamentos impostos pola dupla
FMI-UE.