Publicadas as actividades do Foro Social Galego

Por primeira vez en Galiza terá lugar un Foro Social Galego (FSGal), enmarcado no proceso do Foro Social Mundial e cumprindo a súa Carta de Principios.

O FSGal non é unha organización, nin un colectivo, nin unha rede, nin pretende representar á sociedade civil… É un espazo de converxencia entre movementos sociais, de intercambio de ideas e de artellamento de accións, de procura de alternativas á orde neoliberal imperante no planeta.

O prazo para enviar os datos definitivos das actividades, refundilas se é o caso e relaizar o pagamento remata o 24 de outubro. A primeira semana de novembro publicarase a programación definitiva do FSGal. O FSGal 2008 conta con 25 actividades de xeito provisional. Os colectivos
promotores teñen até o 24 de outubro para achegar os datos definitivos das súas actividades segundo o modelo de formulario de envío de solicitudes (título definitivo, ponentes, formato, aforo aproximado, necesidades técnicas, duración da actividade, etc.) e tamén até esa data para facer o ingreso da cota por actividade na conta do FSGal. A programación definitiva será publicada na primeira semana de novembro.

Moitas das actividades están abertas á colaboración doutros movementos e persoas. Podem contactar cos ou coas responsábeis ou promotoras/es delas ollando os contactos que se facilitan na listaxe http://forosocialgalego.org/.

Deixe uma resposta

O seu endereço de e-mail não será publicado. Campos obrigatórios são marcados com *